O Dereito Penal establece a responsabilidade penal da persoa xurídica polos delitos cometidos polo seu órgano administrativo, ou dos seus dependentes, que poidan dar lugar á disolución da sociedade, á súa intervención xudicial, á imputación de responsabilidade civil e directa, etc.
Para evitar esta responsabilidade, débese adoptar un programa de cumprimento normativo penal, máis coñecido como Compliance Program, un modelo de organización e xestión que inclúa medidas de vixilancia e control idóneas para a prevención do delito.
A adopción deste modelo normativo tamén protexe ao órgano administrativo fronte a posibles imputacións penais, e fronte a posibles accións de responsabilidade dos socios.
Por outra banda, o Programa de Compliance cumpre cos requisitos das entidades bancarias, das administracións públicas e doutras empresas nos seus procesos de contratación.
Ademais, a cultura do cumprimento normativo mellora os procesos internos da empresa e beneficia a reputación social, sendo un requisito práctico habitual nos países veciños.
En CELER desenvolvemos o modelo de Compliance que mellor se adapta ás características da túa empresa e axudámoste na súa implantación.
¿Necesitas asesoramento legal en Vigo? Póñase en contacto connosco para resolver os seus problemas legais!
Contáctanos
Combinamos coñecemento e experiencia para ofrecer servizos xurídicos innovadores, adaptados ás necesidades do cliente, coa máxima implicación.